Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do arrendamento de equipos de impresión, fotocopiado, escaneamento e fax para diversas sedes xudiciais e dependencias da Administración pública de Galicia (expediente 16/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 16/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra de equipos de impresión, escaneamento, copia e fax, co mantemento deles incluído, para diversas sedes xudiciais e dependencias da Administración pública de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto deste contrato será de 1 mes contado a partir da data de formalización do contrato. Neste prazo os equipos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

O prazo de execución do contrato de arrendamento será de 36 meses contados a partir da data de entrega, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en dependencias da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración de Xustiza de Galicia.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.787.779,00 €, máis 375.433,59 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.163.212,59 € (dous millóns cento sesenta e tres mil douscentos doce euros con cincuenta e nove céntimos), distribuíndose nos seguintes conceptos e as seguintes anualidades para cada un dos lotes:

Lote 1: arrendamento e mantemento de equipos en dependencias da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Arrendamento: o importe do arrendamento sería de 576.720,00 € + IVE (121.111,20 €) = 697.831,20 €.

2013: 96.120,00 € + IVE (20.185,20 €) = 116.305,20 €.

2014: 192.240,00 € + IVE (40.370,40 €) = 232.610,40 €.

2015: 192.240,00 € + IVE (40.370,40 €) = 232.610,40 €.

2016: 96.120,00 € + IVE (20.185,20 €) = 116.305,20 €.

Importe das copias: o importe das copias, a razón de 350.000 copias mensuais previstas en branco e negro, por un importe máximo de 0,01 €/copia e de 4.000 copias mensuais previstas a cores, por un importe máximo de 0,08 €/copia, sería de 137.520,00 € + IVE (28.879,20 €) = 166.399,20 €.

2013: 22.920,00 € + IVE (4.813,20 €) = 27.733,20 €.

2014: 45.840,00 € + IVE (9.626,40 €) = 55.466,40 €.

2015: 45.840,00 € + IVE (9.626,40 €) = 55.466,40 €.

2016: 22.920,00 € + IVE (4.813,20 €) = 27.733,20 €.

Opción de compra en 2016: 16.020,00 € + IVE (3.364,20 €) = 19.384,20 €.

Total: 730.260,00 € + IVE (153.354,60 €) = 883.614,60 €.

Lote 2: arrendamento e mantemento de equipos en dependencias da Administración de Xustiza de Galicia.

Arrendamento: o importe do arrendamento sería de 736.812,00 € + IVE (154.730,52 €) = 891.542,52 €.

2013: 122.802,00 € + IVE (25.788,42 €) = 148.590,42 €.

2014: 245.604,00 € + IVE (51.576,84 €) = 297.180,84 €.

2015: 245.604,00 € + IVE (51.576,84 €) = 297.180,84 €.

2016: 122.802,00 € + IVE (25.788,42 €) = 148.590,42 €.

Importe das copias: o importe das copias, a razón de 770.000 copias mensuais previstas en branco e negro, por un importe máximo de 0,01 €/copia e de 8.000 copias mensuais previstas a cores, por un importe máximo de 0,08 €/copia, sería de 300.240,00 € + IVE (63.050,40 €) = 363.290,40 €.

2013: 50.040,00 € + IVE (10.508,40 €) = 60.548,40 €.

2014: 100.080,00 € + IVE (21.016,80 €) = 121.096,80 €.

2015: 100.080,00 € + IVE (21.016,80 €) = 121.096,80 €.

2016: 50.040,00 € + IVE (10.508,40 €) = 60.548,40 €.

Opción de compra en 2016: 20.467,00 € + IVE (4.298,07 €) = 24.765,07 €.

Total: 1.057.519,00 € + IVE (222.078,99 €) = 1.279.597,99 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18694

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 29 de maio de 2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 19.4.2013.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia