Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Carnota (expediente IN407A 53/2012).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación que a seguir se detalla:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A. (na actualidade, por absorción, Unión Fenosa Distribución, S.A.).

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT, CT e RBT Romarís-Lira e anexo I.

Situación: Carnota.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,380 km, con condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3(1×240) Al, con orixe na cela existente no CT Mar de Lira (expediente IN407A 2009/179) e final no CT Romarís-Lira proxectado.

– Centro de transformación (CT) prefabricado Romarís-Lira, tipo 2L+1P, cunha potencia 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de baixa tensión aérea do CT Romarís-Lira, cunha lonxitude de 0,101 km, con orixe no apoio proxectado tipo HV 11/630, con condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3×150 Al+80 Alm e final na rede aérea existente.

– Rede de baixa tensión subterránea do CT Romarís-Lira, cunha lonxitude de 0,078 km, con dúas saídas con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240) Al, con orixe no CT Romarís-Lira proxectado e final dun circuíto de 19 m de lonxitude na rede aérea existente e doutro de 59 m de lonxitude no apoio proxectado.

– Liña de baixa tensión aérea do CT Mar de Lira, cunha lonxitude de 0,185 km, con orixe no apoio proxectado HV 11/630, con condutor tipo RZ 0,6/1 kV, 3×150/80 mm2, 3×50/54,2 mm2 Alm e 2x25 mm2 Al.

– Rede de baixa tensión subterránea do CT Mar de Lira (expediente IN407A 2009/179), cunha lonxitude de 0,141 km, composto de tres tramos de lonxitude de 27, 100 e 14 m, respectivamente, con condutores tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240) Al e XZ1 0,6/1 kV, 4(1×95) Al.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 26.3.2012, a empresa Electra del Jallas, S.A. presentou o proxecto de LMTS, CT e RBT Romarís-Lira, así mesmo, con data do 16.7.2012, a empresa achegou o anexo I ao proxecto de execución, no cal recolle os cálculos mecánicos da rede de baixa tensión proxectada.

Segundo. A petición someteuse á información pública mediante Resolución do 8.6.2012, da Xefatura Territorial da Coruña, publicada no DOG do 12 de xullo, no BOP da Coruña do 26 de xuño e no xornal La Voz de Galicia do 20 de xuño de 2012, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Carnota, en aplicación do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. Así mesmo, efectuouse notificación individual aos propietarios dos bens e dereitos afectados. Dentro do prazo establecido non consta que fosen presentadas alegacións.

Terceiro. Remitíronse separatas aos seguintes organismos: o Concello de Carnota e a Dirección Xeral do Patrimonio a través do dito concello, os cales manifestan a súa conformidade con esta solicitude.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 24 de xullo); na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro); no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, que establece os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites que sinala o artigo 53 da citada Lei 54/1997 e os regulamentos ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións obxecto deste expediente cumpren coa normativa vixente, isto é: a Lei 54/1997, do 27 de novembro; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación (BOE núm. 288, do 1 de decembro); o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE núm. 68, do 19 de marzo); e o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para a baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

Cuarto. O 7.11.2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou o cambio de titularidade e a subrogación dos dereitos e obrigas asumidos en virtude das autorizacións administrativas outorgadas, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a nome de Electra del Jallas, S.A.U. a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.

A dita autorización supeditouse a que Unión Fenosa Distribución, S.A. acreditase nun prazo de seis meses a transmisión da dita titularidade e a comunicase nun prazo dun mes desde que se fixese efectiva.

O 18.1.2013, Unión Fenosa Distribución, S.A. comunicoulle á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dita transmisión e quedou constancia de que o 4.12.2012 se fixo pública a escritura de fusión da sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A. e Electra del Jallas, S.A.U., outorgada ante o notario de Madrid Fernando de la Cámara García, baixo o número 2571 do seu protocolo e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid o 31.12.2012, tomo 30183, libro 0, folio 105, sección 8, folla M503809, inscrición ou anotación 28.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar, aprobar o proxecto de execución e o anexo I e declarar de utilidade publica, en concreto, as ditas instalacións, nas cales as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e no seu anexo I e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que consideren pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 25 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña