Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha planta de fabricación de arame e cordón de aceiro promovida por Daxiong Spain, S.L. no parque empresarial de Penapurreira (As Pontes de García Rodríguez–A Coruña). (Expediente 2012-IPPC-I-64).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE nº 23, do 26 de xaneiro) e no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Planta de fabricación de arame e cordón de aceiro no parque empresarial de Penapurreira. Proxecto básico para a solicitude de AAI. Marzo 2013.

– Planta de fabricación de arame e cordón de aceiro no parque empresarial de Penapurreira. Documento resumo. Marzo 2013.

– Planta de fabricación de arame e cordón de aceiro no parque empresarial de Penapurreira. Proxecto básico para a construción da planta de tratamento de efluentes. Xullo 2012.

– Proxecto de execución e actividade. Adaptación de nave-almacén a fábrica de bobinas de aceiro na parcela C2-A do Polígono Industrial de Penapurreira. Concello das Pontes de García Rodríguez. Abril 2012. Tomos I e II.

– Proxecto da instalación eléctrica da fábrica de cable de aceiro de Daxiong Spain nas Pontes de García Rodríguez. Xaneiro 2013. Tomos I, II e III.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello das Pontes de García Rodríguez (Parque municipal, s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez).

E poderá consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >> medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades >> autorización ambiental integrada).

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2012-IPPC-I-64.

Peticionario: Daxiong Spain, S.L.

Domicilio fiscal: parcela C2-A Parque empresarial de Penapurreira, As Pontes de García Rodríguez.

Localización da instalación: parcela C-2A Parque empresarial de Penapurreira.

Actividade: fabricación de arame e cordón de aceiro utilizando como materia prima o fío-máquina, para a obtención de arame de aceiro para formigón pretensado (PC WIRE) e de cordón de aceiro para formigón pretensado (PC STRAND).

Descrición do proceso produtivo: o proceso comeza co tratamento químico das bobinas de fío-máquina para a eliminación de posibles impurezas (graxas, óxidos etc.) e formación dunha película de fosfato que facilitará a adherencia do lubricante e axudará no proceso de extrusión. Este tratamento efectúase por inmersión das bobinas en cubas de aceiro que conteñen diferentes produtos químicos. A seguir, as bobinas pasan á liña de trefilaxe (operación de estiramento en frío para reducir a sección do fío-máquina, facéndoo pasar a través dun orificio cónico) e de aquí á liña de cordón para pretensión, na cal se dispón dunha máquina de trenzadura. Finalmente, efectúase un tratamento termomecánico do produto final, a fin de aliviar as tensións. Os produtos finais saen das diferentes liñas de produción enrolados en bobinas e empaquetados.

Verteduras: proxéctase unha rede de tipo separativo para as augas pluviais e as residuais sanitarias, que se verterán, pola súa vez, nas redes do polígono (a excepción das augas de saneamento dos aseos próximos á nave de tratamento de augas ácidas, que se verterán a unha fosa séptica e o líquido será enviado a un xestor autorizado xunto coas augas de proceso). As augas de proceso enviaranse a un xestor autorizado cando xa non sexan aptas para reutilizar.