Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12767

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no terceiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data

sinatura

Importe €

2012

2013

2014

2015

Convenio de colaboración entre a Secretaría de Estado de Comercio e o Instituto Galego de Promoción Económica polo que se establece o financiamento dos gastos comúns (arrendamentos, subministracións e servizos) derivados da ocupación pola Rede Pexga financiada en convenio polo Instituto Galego de Promoción Económica, de espazos en locais destinados a sedes de oficinas económicas e comerciais de España no exterior e as normas de funcionamento correspondentes.

20.9.2012

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e o Instituto Galego de Promoción Económica para o acollemento dun bolseiro de formación de promoción exterior do Igape na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

21.9.2012

5.804

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para a creación do AT Clústers Espacio Compostela.

28.9.2012

4.770

18.810

17.760

12.780

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e A.T. Consultores & Auditores, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

4.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Serviguide Consultoría, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

4.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Inova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

4.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Estrategia y Organización, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

4.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Dirección por Implicación, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

8.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Teamcon Group, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

8.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Estratega Consulting Global, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

8.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Temandtime Solutions, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

10.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Alimentario co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

12.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

15.10.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

15.10.2012

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e Cointega –Confederación Industrias Textiles de Galicia– para a promoción en Colombia do sector téxtil.

26.10.2012

15.000

363.000

Acordo marco entre o Igape e a Fundación EOI para a execución de programas formativos, programas de I+D+I e programas en aberto/másters EOI 2012-2014.

5.11.2012

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Galego da Industria e Servizos de Apoio ao Desenvolvemento das Enerxías Renovables e a Sustentabilidade Enerxética (Cluergal) co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

18.12.2012

Sen achega económica

Addenda ao convenio subscrito entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica do 31 de maio de 2012.

20.12.2012

20.016

20.016

Convenio de colaboración Igape-Fundación Ceaga para o desenvolvemento no ano 2012 do plan de acción para a mellora competitiva do sector de automoción en Galicia (P.A.C. 2012-2015).

28.12.2012

500.000