Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de información pública sobre licenza de ampliación de actividade.

Unha vez solicitada a licenza de ampliación de actividade de bazar chinés por D. Xueping Ying, sometida á avaliación de incidencia ambiental, na rúa Celso Emilio Ferreiro 19-baixo de Celanova, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e a exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 1 de abril de 2013

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde