Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 35/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA, LMTS e CTI en Acea.

Situación: concello de Betanzos.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea a CTI Acea (tramo I) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 30 m, coa orixe en apoio novo que se vai intercalar na LMTA existente a CT Anciáns Desamparados (expediente 34.685), condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final en apoio de formigón proxectado.

Liña de media tensión aérea a CTI Acea (tramo II) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 9 m, coa orixe en apoio de formigón proxectado con PAS final da LMTS que se proxecta, condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final en apoio de formigón no que se instala o CT intemperie de 160 kVA.

Liña de media tensión soterrada a CTI Acea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 528 m, coa orixe en paso aerosubterráneo en apoio de formigón proxectado da LMTA a CT Acea (tramo I), en condutor RHZ1 12/20 kV-3×95 Al, e final paso aerosubterráneo en apoio de formigón proxectado da LMTA a CT Acea (tramo II).

Centro de transformación intemperie Acea, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña