Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CT Fonte do Rexedor.
Situación: concello de Boiro.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea ao CT Fonte do Rexedor a 20 kV, cunha lonxitude de 0,076 km, coa orixe na LMTS BOI-803 Boiro entre os CC.TT. Cimadevila (expediente 23/05) e Constitución Vector Plus (expediente 176/05), condutor tipo 2RHZ1-2OL-12/20kV-3(1×240 Al), e final no CT Fonte do Rexedor.
– Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 8 de marzo de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña