Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12773

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2013, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de outubro de 2012 (DOG número 208, do 31 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (DOG número 103, do 31 de maio), adoptou os seguintes acordos:

De acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, convócase a María Teresa Delgado Calvo, con DNI 44831490-M, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Facenda sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, o día 27 de abril de 2013, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal