Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de abril de 2013, da Xefatura da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a unha interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de elevación a escritura pública dunha vivenda protexida.

Despois de intentada a notificación persoal a Encarnación Fojo Garrido, interesada no expediente en que se solicita a elevación a escritura pública da vivenda protexida sita en Polígono de Caranza, P. Camilo Alonso Veiga, 314, bloque I-E-4, casa 10, 6º A, esquerda, unidade veciñal 1, Ferrol, para comunicarlle a apertura dun trámite de audiencia no devandito procedemento, emprázase, conforme o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que no prazo de dez días contados desde a publicación do presente anuncio, poida comparecer nesta Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de poder examinar a documentación que figura no expediente e alegar o que considere oportuno, de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992.

A Coruña, 1 de abril de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña