Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de acumulación no procedemento sancionador do expediente 2013046TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de marzo de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de acumulación no procedemento sancionador do expediente nº 2013046TA-CO incoado a José Luis González Castiñeira.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Luis González Castiñeira o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 1 de abril de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013046TA-CO.

Interesado: José Luis González Castiñeira (Pub Aeroclub).

DNI/NIF/CIF: 32836218S.

Último enderezo coñecido: Monte Alto, 33, 2º, 15002 A Coruña.

Acordo: acumulación doutra denuncia no procedemento sancionador do expediente número 2013046TA-CO.