Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre aumento do prazo de axuda no fogar.

Mediante anuncio publicado no DOG núm. 67 do 8.4.2013 e BOP núm. 67 do 8.4.2013 convocouse procedemento aberto para a contratación de servizos do programa de axuda no fogar do Concello de Vigo, expediente 80269-301.

Á vista de que se puso a disposición dos licitadores un prego de cláusulas administrativas distinto do aprobado pola Xunta de Goberno local, amplíase o prazo para a presentación de ofertas en 15 días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Pontevedra.

Infórmase, así mesmo, que no perfil do contratante do Concello de Vigo:

(https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante/licitacion.jsp?id=292), o prego de cláusulas administrativas correcto figura co nome de «Prego administrativo. Corrixido».

Vigo, 17 de abril de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación