Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12512

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2013, da directora de Turismo de Galicia, pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 3.1, alínea 7, que a persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo poderá nomear, ademais, dous vogais entre técnicos e especialistas no campo do turismo, que actuarán en representación da Administración da comunidade autónoma.

Así mesmo, o artigo 5 regula o procedemento de nomeamento dos/das seus/súas membros, dispón no seu parágrafo 1 que os/as membros serán nomeados e cesados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, á Administración turística autonómica no prazo máximo dun mes, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18.2.2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor, e asumiu desde a súa constitución, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Mª Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio, como membro titular e, como suplente, a Eduarda Varela Castro, subdirectora xeral de Comercio, en representación da consellería con competencias en economía.

– José Antonio Boullosa Gómez, como membro titular e, como suplente, a Celestino Criado Currás, en representación de UGT.

– José Luis López González e Elena del Pilar Ramallo Miñán, como membros titulares nomeados pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 3.1, alínea 7.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia