Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1019/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 1 de abril de 2013, no proceso seguido por instancia de Ángel Manuel Ponte Veleiro contra a empresa Obras y Servicios Sánchez Bascoy, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrado co número 1019/2010, se acordou notificar a Obras y Servicios Sánchez Bascoy, S.L. a resolución de sentenza seguinte:

«Decido que estimando integramente a demanda formulada por Ángel Manuel Ponte Veleiro, que comparece representado pola letrada Sra. Fernández Álvarez, contra a empresa Obras y Servicios Sánchez Bascoy, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.792,67 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades, nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación a Obras y Servicios Sánchez Bascoy, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de abril de 2013

A secretaria xudicial