Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 9 de abril de 2013, da Delegación de Vigo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Grupo de Empresas Cousas Novas, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázase a interesada sinalada no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos administrativos derivados do procedemento que se indican.

A interesada, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Vigo da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de abril de 2013

José Miguel Rey Lama
Delegado de Vigo

ANEXO

Interesada

Órgano tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

B27762301

Grupo de Empresas Cousas Novas, S.L.

UI

ITPAXD

Inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación

Notificación do trámite de audiencia

Notificación das valoracións

Exercicio 2011

Órganos tramitadores:

UI: unidade de inspección.

Procedemento:

ITPAXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.