Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación das actuacións necesarias no marco da actualización continua do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Nómina e Breixo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Cixtec.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2013-019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación das actuacións necesarias no marco da actualización continua do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Nómina e Breixo).

c) Lugar de execución: os traballos realizaranse nos locais habilitados polo adxudicatario.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 760.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 760.000,00 euros. Importe total: 919.600,00 euros.

Anualidade 2013: 229.900,00 euros, IVE incluído.

Anualidade 2014: 459.800,00 euros, IVE incluído.

Anualidade 2015: 229.900,00 euros, IVE incluído.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Empresas españolas:

Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría C e concreción dos criterios de solvencia.

b) Empresas estranxeiras:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 20 de maio de 2013.

2. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do día 20 de maio de 2013.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Documentación presentada en sobre pechado:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

– Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: 27 de maio de 2013.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– A data e hora anunciarase oportunamente no perfil de contratante e comunicaraselles aos licitadores.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG e 12,677753 euros por liña publicada no BOE.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de abril de 2013.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable