1. Entidad adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1. Dependencia: Cixtec.
2. Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
4. Teléfono: 981 54 13 37.
5. Telefax: 981 54 12 70.
6. Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
8. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2013-017.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación das actuacións necesarias no marco da actualización continua do Sistema de información contable e orzamentaria (XUMCO2).
c) Lugar de execución: os traballos realizaranse nos locais habilitados polo adxudicatario.
d) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 72212000-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 660.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 660.000,00 euros. Importe total: 798.600,00 euros.
Anualidade 2013: 199.650,00 euros, IVE incluído.
Anualidade 2014: 399.300,00 euros, IVE incluído.
Anualidade 2015: 165.000,00 euros, IVE incluído.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Empresas españolas.
Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría C e concreción dos criterios de solvencia.
b) Empresas estranxeiras.
Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 20 de maio de 2013.
2. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do día 20 de maio de 2013.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
2. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición:
Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:
– Data: 27 de maio de 2013.
– Hora: 10.00 horas.
Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:
– A data e a hora anunciaranse oportunamente no perfil de contratante e comunicaránselles aos licitadores.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
10. Gastos de publicidade.
Os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG e 12,677753 euros por liña publicada no BOE.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de abril de 2013.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable