Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12060

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 9 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Advertido un erro na Resolución do 9 de abril de 2013 publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo V, páxinas 11539 e 11540 do citado DOG, correspondentes á Memoria Técnica Caldeiras de Biomasa, na segunda das opcións relativa ao volume de almacenamento de biomasa incluída nas dúas táboas correspondentes a CALDEIRA, en lugar de dicir: «CALDEIRA CON ALIMENTACIÓN AUTOMÁTICA DESDE UN SISTEMA DE ALMACENAMENTO DE CAPACIDADE SUPERIOR OU IGUAL A 250 LITROS E INFERIOR A 1000 LITROS», debe dicir: «CALDEIRA CON SISTEMA DE ALIMENTACIÓN DE FORMA AUTOMÁTICA DESDE O SISTEMA DE ALMACENAMENTO, E QUE ESTE SISTEMA TEÑA UNHA CAPACIDADE IGUAL OU MAIOR DE 1000 LITROS».