Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de recolla e transporte de diverso material.

Por Decreto da Alcaldía do 26 de marzo de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 13/13).

2. Obxecto do contrato: servizo de transporte de material de construción, recolla do entullo das obras municipais, enxoval, envases, no termo municipal do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 87.120 € (72.000 € + 15.120 € en concepto de IVE), por un prezo unitario de 38,72 €/hora (32 € + 6,72 € en concepto de IVE), e un prazo de execución dun (1) ano (porrogable por un (1) ano máis).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 26 de marzo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde