Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución da modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Vilar de Lebres (Trasmiras).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo de Infraestruturas Agrarias, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 4 de abril de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Acto notificado: Resolución do director xeral de Desenvolvemento Rural do 22 de febreiro de 2013 pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Vilar de Lebres (Trasmiras-Ourense).

Interesada: Irene Parada Bouzas.