De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados pola instrutora dos expedientes.
As comparecencias deberanse efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 3 de abril de 2013
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: INC-CO-0227-2012 BIO.
Denunciado: Francisco Ares Blanco.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: INC-CO-0244-2012 BIO.
Denunciado: Manuel Criado Pellón.
Acto de notificación: proposta de resolución.