Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, para a redacción do plan director do Hospital da Costa (cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 6, tema prioritario 76) (AB-SER3-13-003).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Número do expediente: AB-SER3-13-003.

3. Obxecto: redacción do plan director do Hospital da Costa (Lugo).

4. Orzamento sen IVE: 118.506,37 €.

5. Orzamento con IVE: 143.392,71 €.

6. Prazo máximo de execución: seis (6) meses.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Forma de tramitación: ordinaria.

10. Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n,
2º andar, 15703 Santiago de Compostela), ou na páxina web do Servizo Galego de Saúde http://www.sergas.es

11. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado desde esta publicación de licitación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación.

13. Criterios de adxudicación: os definidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

14. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es

15. Anuncios: os anuncios desta licitación serán por conta do adxudicatario do contrato.

16. Outras informacións: esta contratación será cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76. As prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares poderanse examinar na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos, ou poderanse obter no perfil do contratante http://www.sergas.es

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos