Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de marzo de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2010005582 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00998, mellora da funcionalidade da autoestrada Val Miñor AG-57. Construción de novos ramais enlaces Sabarís, A Ramallosa e Nigrán. Clave PO/06/049.01.

Concello: Nigrán Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOTP. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Costas Pérez, Herminia

Costas Pérez, Herminia

Núñez Pérez, Natividad

Valverde Guisande, José Manuel

Valverde Guisande, José Manuel

Fernández Longres, Celestino

López López, Casto e outros

Vizoso Vidal, Plácida e Milagros

27.12.2012

27.12.2012

27.12.2012

27.12.2012

27.12.2012

27.12.2012

27.12.2012

27.12.2012

2010005582

2010005583

2010005588

2010005590

2010005594

2010005618

2010005622

2010005625

161

163

170

201

203-1

243-1

251

255

3.234,00

319,20

207,90

1.932,00

924,00

6.151,95

18.960,38

5.875,28