Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Edicto do 4 de marzo de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Poulos, Campo da Lama e Fontaos a favor dos veciños da parroquia de Lodoselo, no concello de Sarreaus.

Advertidos erros no devandito edicto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 56, do 20 de marzo de 2013, publicouse unha corrección no DOG nº 70, do 11 de abril de 2013, que resultou incompleta por omisión, polo que se reitera a súa publicación debidamente corrixida:

No parágrafo segundo do seu inicio, onde di: «Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Poulos, Campo da Lama e Fontaos, solicitada polos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María), no concello de Sarreaus (Ourense), resultan os seguintes…», debe dicir: «Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Poulos, Campo da Lama e Fontaos, solicitada polos veciños de Lodoselo, no concello de Sarreaus (Ourense), resultan os seguintes…».

No feito primeiro, onde di: «… escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María)…», debe dicir: «…. escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Lodoselo...».

No feito cuarto, onde di: «… Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María)», debe dicir: «… Comunidade veciñal solicitante: veciños de Lodoselo».

Na resolución, onde di: «Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María), no concello de Sarreaus (Ourense), o monte denominado Poulos, Campo da Lama e Fontaos, coa descrición reflectida no feito cuarto», debe dicir: «Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Lodoselo, no concello de Sarreaus (Ourense), o monte denominado Poulos, Campo da Lama e Fontaos, coa descrición reflectida no feito cuarto».