Iniciado por Resolución do 1 de marzo de 2013 o procedemento para a reavaliación do posto de xefe do Servizo de Cardioloxía, esta dirección xerencia, de conformidade co establecido na Resolución do 13 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo) pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, e baseándose no capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 23 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver o procedemento para a reavaliación do posto de xefe do Servizo de Cardioloxía iniciado pola Resolución do 1 de marzo de 2013.
Segundo. Prorrogar por un período de catro anos o nomeamento como xefe do Servizo de Cardioloxía a persoa relacionada no anexo da presente resolución, tendo en conta que ao remate do citado período se realizará un novo procedemento de reavaliación.
Terceiro. Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG nº 135, do 12 de xullo) de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo, que será a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.
Lugo, 22 de marzo de 2013
Antonio García Quintáns
Director xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti
ANEXO
Denominación do posto: xefe do Servizo de Cardioloxía.
Nome e apelidos: Carlos González Juanatey.
DNI: 33274178-D.