Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza do Hospital do Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-13-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza, recollida de residuos, distribución de roupa limpa e recollida da sucia, distribución de bolsas de lixo, limpeza de cubertas, retirada de arbustos, vexetación e acondicionamento de sumidoiros.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1) Domicilio: rúa Hospital do Salnés, s/n.

2) Localidade e código postal: Vilagarcía de Arousa, 36600.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9; 90911000-6 e 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 3.390.757,39 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.279.531,09 euros. Importe total: 1.548.232,62 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 20.5.2013.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura as propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña). BOE: 11,552231 €/liña título e 12,677753 €/liña de texto (se é urxente multiplícase por dous).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1.4.2013.

Pontevedra, 18 de marzo de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés