Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013049TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 5 de marzo de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013049TA-OU a Andrea Martínez Antonio CIF 34630031, con domicilio na rúa Grupo Constructora, 8, baixo, esda., 32600 Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto nº 5 do referido artigo, notifícaselle a Andrea Martínez Antonio, CIF 34630031, con domicilio na rúa Grupo Constructora, 8, baixo, esda., 32600 Verín (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de marzo de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013049TA-OU.

Denunciada: Andrea Martínez Antonio.

Documento de identificación: CIF 34630031.

Último enderezo coñecido: rúa Grupo Constructora, 8, baixo, esda., 32600 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) de la Lei 28/2005, de 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).