Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de marzo de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2007000612 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00252, colector xeral do río Sar. Treito: A Ponte Pedriña-A Ponte de San Lázaro. TM Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela. Provincia: A Coruña.

Expropiante: Concello de Santiago de Compostela.

Beneficiario: Concello de Santiago de Compostela.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Manuel Salgado Rodríguez e outros

Dolores Suárez Camino

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

24.1.2013

2007000612

2007000613

2007000614

2007000615

2007000616

2007000617

2007000618

2007000619

2007000620

2007000621

265

266

267

268

269

270

270-A

270-D

271

314

2.529,37

999,35

2.057,48

2.401,15

828,45

2.781,44

426,87

2.420,42

1.298,87

22.289,40