Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de febreiro de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente 107B 2009/22-0).

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG número 59, do 27 de marzo), o 30 de outubro de 2012, unha resolución pola que se lle impón unha cuarta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número 107B 2009/22-0 a José Luis Reboredo Martínez como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 4 de marzo de 2010, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha vivenda unifamiliar con soto, planta baixa, primeira planta e planta baixo cuberta, realizada en estrutura de formigón, tabiques e cerramento de fábrica de ladrillo, no lugar das Carneiras, Santo Antón de Baíña, no termo municipal de Baiona, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística