Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza de edificios xudiciais da Xunta de Galicia (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e 981 54 62 28, e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es ou rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18651

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SESE 05-06-07-08/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza dos edificios xudiciais da Xunta de Galicia que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: catro lotes.

Lote 1: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

Lote 2: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

Lote 3: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Lote 4: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución: o servizo realizarase nos lugares indicados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, axustándose ao indicado na letra K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 90919200-4 servizos de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 4.981.338,88 € (IVE excluído) incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 2.372.066,13 €.

IVE (21 %): 498.133,97 €.

Importe total: 2.870.200,00 €. Desagregado por lotes do seguinte modo:

Lote 1. Importe sen IVE: 1.028.099,18 €. Importe IVE (21 %): 215.900,82 €. Total: 1.244.000,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 476.033,06 €. Importe IVE (21 %): 99.966,94 €. Total: 576.000,00 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 249.752,07 €. Importe IVE (21 %): 52.447,93 €. Total: 302.200,00 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 618.181,82 €. Importe IVE (21 %): 129.818,18 €. Total: 748.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas terá que constituírse unha garantía do 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1. A categoría da clasificación establecerase en función da suma dos orzamentos de licitación dos lotes a que concorran os licitadores, de acordo cos seguintes importes:

Categoría A: cando a anualidade media sexa inferior a 150.000,00 €.

Categoría B: cando a anualidade media sexa igual ou superior a 150.000,00 € e inferior a 300.000,00 €.

Categoría C: cando a anualidade media sexa igual ou superior a 300.000,00 € e inferior a 600.000,00 €.

Categoría D: cando a anualidade media sexa igual ou superior a 600.000,00 €.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 de maio de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: sala de xuntas D do Complexo Administrativo San Caetano da Xunta de Galicia.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automaticamente, terá lugar ás 12.30 horas, o día 23 de maio de 2013. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, lectura da avaliación do sobre B, e apertura do sobre C, Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática, indicaranse oportunamente no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. O importe dos anuncios ratearase, de ser o caso, entre os adxudicatarios de cada un dos lotes.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de abril de 2013.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza