Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de marzo de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes denominados As Covas, solicitados a favor dos veciños da CMVMC de Santa María de Salceda, do concello de Salceda de Caselas, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 19.11.2013, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salceda de Caselas.

Parroquia: Santa María de Salceda.

Nome do monte: As Covas.

Parcela 312, polígono 16.

Cabida: 2.586 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: montes comunais de San Xurxo.

Sur: parcela propiedade de Pegullal, S.A.

Leste: monte.

Oeste: parcela propiedade de Pegullal, S.A.

Parcela 308, polígono 16.

Cabida: 10.072 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: montes comunais de San Xurxo.

Sur: parcela propiedade de Pegullal, S.A.

Leste: zona protección río Caselas.

Oeste: monte.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 27 de marzo de 2013

Enrique Martínez Chamorro
Instrutor