Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames feirais que terán lugar no ano 2013, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 1/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que terán lugar no ano 2013.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18231

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 9, do 14 de xaneiro de 2013.

e) División por lotes e número: si, 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 370.000 €, IVE (21 %): 77.700 €. Importe total: 447.700 €.

Valor estimado incluídas posibles prórrogas (sen IVE): 370.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote nº 1: RHEX Rimini Horeca Expo 2013 (Rimini, Italia, que terá lugar do 23 ao 26 de febreiro de 2013), European Seafood Exposition (Bruxelas, Bélxica, que terá lugar do 23 ao 25 de abril de 2013).

a) Data da resolución da adxudicación: 20 de febreiro de 2013.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 318.283,00 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 21.2.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica máis vantaxosa.

Lote nº 2: Expomar (Burela (Lugo) que terá lugar do 23 ao 26 de maio de 2013), Conxemar (Vigo (Pontevedra), que terá lugar do 1 ao 3 de outubro de 2013) e outras feiras institucionais.

a) Data da resolución da adxudicación: 20 de febreiro de 2013.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 61.783,00€ (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 8.3.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar