Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de contedores de lixo de carga traseira para recolla de residuos urbanos, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18671

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 3/2013 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de contedores de lixo de carga traseira para recolla de residuos urbanos.

c) Prazo de execución/entrega: o especificado no número 10.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e na epígrafe E do seu cadro de características.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 44613800-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e na epígrafe L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 165.285,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 165.285,00 euros. Importe total: 199.994,85 euros.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 8.264,25 euros, que equivale ao 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes I e J do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012, DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas