Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11238

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 35/2013, interposto por Susana Durán Sueiras.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 35/2013, interposto por Susana Durán Sueiras, contra a disposición da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia, do 8 de novembro de 2012, pola que se regulariza o expediente persoal.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública