Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de marzo de 2013 polo que se notifica a resolución ditada no expediente en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.W27.06218).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de Augas de Galicia ditada no expediente en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselle saber que a resolución se encontra á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Solicitante

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Artigos

DH.W27.06218

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Avenida de Ferrol, 5, entresollado

27850 Viveiro, Lugo

21.1.2013

Estimatoria

78 e 126