Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (447/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 447/2011 por instancia de María José Rodríguez Barreiro contra Celia Irago Blanco e a empresa José Manuel González García, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6 de marzo de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por María José Rodríguez Barreiro fronte a Celia Irago Blanco e José Manuel González García (desistido), con intervención do Fogasa e, en consecuencia, condénase a Celia Irago Blanco a aboar á demandante a cantidade de mil cento setenta e cinco euros con corenta céntimos (1.175,40 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Celia Irago Blanco e á empresa José Manuel González García, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de marzo de 2013

A secretaria xudicial