Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ACORDO do 26 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se someten a información pública o Plan director de acuicultura litoral e todos os documentos que o integran.

Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, así como no artigo 7.5 da Lei 6/2007, do 11 de maio, sométense a información pública o Plan director de acuicultura litoral e todos os documentos que o integran.

Para os efectos do artigo 10 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a fase de consulta sobre a versión preliminar do plan, que inclúe o informe de sustentabilidade ambiental, implica as seguintes actuacións: a) posta á disposición do público.

A documentación estará dispoñible, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinala e presentar as alegacións que considere oportunas na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Durante este prazo poderá consultarse nos seguintes enderezos:

http://www.intecmar.org/esga/PDAL/Default.aspx

http://www.intecmar.org/esga/PDAL/Cartografia.aspx

O prazo de exposición e alegacións será de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do proceso de avaliación ambiental estratéxica segundo a Lei 6/2007, do 11 de maio.

Para os efectos do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar