Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico Santa Comba nos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra, na provincia da Coruña (expediente IN661A 7/2010).

Advertido erro por omisión na resolución indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 8 de abril de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 10330, no anexo, na segunda fila, número de predio 216-1, no recadro correspondente aos propietarios débese incluír a José Allo Negreira.