Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11032

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 8 de abril de 2013 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Galego de Saúde.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle no seu artigo 13 que a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia terá dereito a participar na xestión do Sistema público de saúde de Galicia a través dos órganos de participación comunitaria. No seu capítulo VI recolle a participación na formulación da política sanitaria e no control da súa execución como un dereito da cidadanía e da sociedade en xeral, un valor social e un instrumento de cooperación e información no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia, para a mellora da saúde e do benestar da cidadanía.

No artigo 24 regúlase o Consello Galego de Saúde como o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema público de saúde de Galicia, ao cal lle corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade da Xunta na formulación da política sanitaria e no control da súa execución. Regúlase, así mesmo, a súa composición e funcións, e establécese o nomeamento e a separación do cargo pola persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen.

Coa finalidade de recoller a nova titularidade de determinados órganos na representación da Administración sanitaria e as novas designacións realizadas polas entidades a que corresponde, así como os conseguintes cesamentos, cómpre dispor o cesamento e o nomeamento como membros do Consello Galego de Saúde das persoas que se relacionan no anexos I e II desta orde.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo I da presente orde.

Artigo 2

Nomear como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo II da presente orde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

Anexo I

Cesan como membros do Consello Galego de Saúde:

– Esperanza Fernández Lago, nomeada en representación da Administración sanitaria.

– Manuel Varela Rey, nomeado en representación da Administración sanitaria.

– Ana Parga López, nomeada polas asociacións de pacientes e familiares.

– Pablo Taboada Camoira, nomeado en representación da cidadanía.

– Dolores González Lorenzo, nomeada en representación das organizacións sindicais.

– Mercedes Rosende Queijo, nomeada en representación das organizacións sindicais.

– Iñaki Garaigorta Eguren, nomeado en representación das organizacións sindicais.

Anexo II

Noméanse membros do Consello Galego de Saúde:

– Margarita Prado Vaamonde, directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

– Sonia Martínez Arca, directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da consellería de Sanidade.

– María Dolores Rama Vázquez, presidenta da Federación Galega de Diabete, en representación das asociacións de pacientes e familiares.

– Juan Antonio Maceiras Barros, alcalde de Miño, designado pola Fegamp en representación da cidadanía.

– Emilia Mª Lamas Seoane, en representación das organizacións sindicais, designada por CC.OO. de Galicia.

– Ángel Cameselle Corbacho, en representación das organizacións sindicais, designado por CC.OO. de Galicia.

– Eliseo Rivas Pernas, en representación das organizacións sindicais, designado por UGT.