Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11041

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Datas: o 26 e 27 de abril e o 4 de maio de 2013.

4. Lugar de realización: Edificio Multiusos. Parroquia de Guísamo, s/n, Polígono Industrial de Bergondo, 15165 Bergondo (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 26.4.2013

16.00-17.00 h

Introdución. Lexislación.

17.00-19.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

19.00-21.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 27.4.2013

10.00-11.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

11.00-12:30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

12.30-14.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

15.30-17.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

17.30-19.30 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 4.5.2013

10.00-12.30 h

Métodos de loita antivectorial.

12.30-13.30 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

15.00-16.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

16.30-17.30 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

17.30-18.30 h

Resolución de exercicios prácticos.

18.30-19.30 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a toda as sesións do curso. Unha vez rematado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente con que lle poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: o 26 e 27 de abril e o 4 de maio de 2013.

Lugar de realización do curso:

Edificio Multiusos.

Parroquia de Guísamo, s/n, Polígono Industrial de Bergondo, 15165 Bergondo (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o 26 de abril das 16.00-21.00 h, o 27 de abril das 10.00-14.00 h e das 15.30-19.30 h e o 4 de maio das 10.00-13.30 h e das 15.00-19.30 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, con data límite do 19 de abril de 2013, a ficha de inscrición, xunto cunha copia do DNI, unha fotografía tamaño carné e o xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: