Unha vez convocada por Resolución do 15 de outubro de 2012 (DOG nº 241, do 19 de decembro) a provisión dun posto de supervisión da Unidade de Radioloxía do Hospital A Coruña, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño),
RESOLVE:
Primeiro. A convocatoria pública para a provisión dun posto de supervisión da Unidade de Radioloxía do Hospital A Coruña, convocado pola Resolución do 15 de outubro de 2012 (DOG nº 241, do 19 de decembro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ao destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 15 de marzo de 2013
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Radioloxía.
Nome e apelidos: Mª Pilar Souto Astray.
DNI: 32781413-L.