Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a redacción e tramitación dos proxectos sectoriais PS-1 e PS-6, previstos no Plan Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA en Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 24/2012 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17696

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a redacción e tramitación dos proxectos sectoriais PS-1 e PS-6, previstos no Plan Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA en Vigo.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71410000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 171.224,58 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 171.224,58 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19.3.2013.

b) Data de formalización do contrato: 2.4.2013.

c) Adxudicatario: Proyfe, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 119.257,92 €; Importe total con IVE: 144.302,08 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas