Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 1 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican acordos de inicio de procedementos de revisión de oficio, devoltos polo servizo de Correos (expedientes RRO/DC/2012/00046 e RRO/DC/2012/00066).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se indican no anexo os acordos de inicio da revisión de oficio devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

N º licenza de caza

Data de expedición

Nº da revisión de oficio

Nome do interesado

2012-1501-0010

20.1.2012

RRO/DC/2012/00046

José Ángel Calvo del Río

2012-1501-0068

6.3.2012

RRO/DC/2012/00066

Víctor Manuel Pérez Costa