Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10677

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se modifica a do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, en execución da Sentenza 654/2012, do Xulgado do Social número 1 de Ourense, ditada no procedemento ordinario 653/2012.

Mediante a Orde do 28 de febreiro de 2013 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) resolveuse o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de maio de 2012 (DOG núm. 85, do 4 de maio).

Na dita orde, o posto número 1441, condutor mecánico (III-063), código MR.C99.50.110.32190.025, adxudicábaselle a José Luis Taboada Prado, cunha puntuación de 35,950.

O posto número 1441 fora solicitado por dous aspirantes, o adxudicatario é José Antonio Barreiro Rodríguez, que resultou excluído do proceso por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de agosto de 2012 (DOG núm.168, do 4 de setembro).

Contra a exclusión presentouse demanda ante o Xulgado do Social número 1 de Ourense que ditou a Sentenza número 654/2012 nos autos 653/2012, pola que se declara «o dereito do demandante a ser admitido no concurso de traslados». A firmeza da dita sentenza foille comunicada ao órgano convocante o día 13 de marzo de 2013.

En execución da referida sentenza reuniuse a comisión prevista na base VI da convocatoria para a valoración dos méritos do demandante que –na reunión que tivo lugar o día 2 de abril de 2013– lle outorgou 41,900 puntos.

Á vista das puntuacións obtidas polos dous candidatos ao posto 1441 e de conformidade co establecido na base V.3, a Comisión de Valoración acordou elevar á Consellería de Facenda a proposta de adxudicación do posto 1441 a José Antonio Barreiro Rodríguez.

Polo exposto, esta consellería

DISPÓN:

Modificar a Orde do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de maio de 2012, no seguinte sentido:

Primeiro. Anular a adxudicación do posto de condutor mecánico (III-063), adscrito á Consellería do Medio Rural no Carballiño co código MR.C99.50.110.32190.025, a José Luis Taboada Prado.

Segundo. Adxudicar o posto de condutor mecánico (III-063), adscrito á Consellería do Medio Rural no Carballiño co código MR.C99.50.110.32190.025, a José Antonio Barreiro Rodríguez.

Contra esta orde poderase interpoñer reclamación administrativa previa á vía xudicial social ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda