Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 201232 AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de xaneiro de 2013, a xefa territorial de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 201232 AL-OU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense a Joaquín Cid Cid como titular do Restaurante Bohemio.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Joaquín Cid Cid o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de marzo de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 201232 AL-OU.

Denunciado: Joaquín Cid Cid, como titular do Restaurante Bohemio.

CIF/NIF: 34975039C.

Último enderezo coñecido: r/ Dopazo, nº 112, Taboadela (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, e Regulamento (CE) nº 852/04, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: mil cincocentos euros (1.500,00 euros).