Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013 pola que se somete a información pública a solicitude presentada por Muport, S.L. para o cambio no modelo de xestión da concesión de ocupación de dominio público portuario para explotar unhas instalacións náutico recreativas no porto de Muros.

O día 27.6.2012 outorgouse unha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para explotar unhas instalacións náutico-recreativas no porto de Muros á empresa Muport, S.L.

O día 10.1.2013 a empresa Muport, S.L. solicitou a modificación das condicións da concesión para pasar dunha xestión íntegra das instalacións a un modelo de xestión só das prazas de uso público.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5, A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia