Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se notifica á comunidade de propietarios do edificio Paseo do Tambre, fase I e II (Sigüeiro, Oroso) o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo interposto por Mahía Inmobiliaria, S.L. contra a Resolución desta consellería do 9 de xullo de 2012, pola que se desestima o recurso de alzada deducido contra outra da Xefatura Territorial da Coruña, do 17 de xuño de 2010, nos expedientes acumulados IN635B 2005/114-1 e IN635B 2008/119-1.

Tentada por dúas veces a notificación no último domicilio coñecido e após ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícase á comunidade de propietarios do edificio Paseo do Tambre, fase I e II (Sigüeiro, Oroso), que está sendo tramitado o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 299/2012, no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 da Coruña, interposto por Mahía Inmobiliaria, S.L. contra a Resolución desta consellería do 9 de xullo de 2012, pola que se desestima o recurso de alzada deducido contra outra da Xefatura Territorial da Coruña, do 17 de xuño de 2010, nos expedientes acumulados IN635B 2005/114-1 e IN635B 2008/119-1, co fin de que poida comparecer, se o considerar oportuno, perante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria