Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Castro de Rei e Cospeito (expediente IN407A 2012/92-2, 8060 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma RBTA do CTI Bouzavella (05196) Xustás-Cospeito.

Situación: concellos de Castro de Rei e Cospeito.

Características técnicas:

– Cambio da máquina existente (50 kVA) do CTI Bouzavella (05196) por un de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Substitución do condutor existente da liña de baixa tensión saída 2 do CBT CTI Bouzavella (05196), cunha lonxitude de 730 metros en condutor tipo RZ-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo