Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-01398-O-2012.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste servizo de mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01398-O-2012

7624-DSF

Garda Civil 3603 A23980M

Transportes y Mudanzas Neno, S.L.

B36496669

Novas, Atios, 23

36418 O Porriño (Pontevedra)

Carecer do indicativo de velocidade a que actúa o limitador en vehículo que o leva instalado como primeiro equipamento por estar matriculado con posterioridade ao 1.1.1996.

16.4.2012; 8.50; AP-9; 139

Art. 141.5 en relación co art. 142.25 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT Art. 201.1.f) ROTT

301 euros