Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia en diversos expedientes.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia nos procedementos iniciados por instancia das interesadas relacionadas no anexo a este anuncio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Unidade da Dependencia da Consellería de Traballo e Benestar, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, da cidade de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Lugo, 4 de marzo de 2013

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

LU-0000026824

Román Lombao, María Gloria (33788822-M)

Citación cita recoñecemento

LU-0000008561

Muruais Mosquera, Marta (77595759-S)

Resolución de arquivamento

LU-0000021908

Regueiro López, Marina (33787201-V)

Requirimento de documentación