Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Baltar (expediente IN407A 2012/68-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Anastasio Bello Fuentes y Otros, S.C.

Domicilio social: Vilamaior da Boullosa, s/n, 32632 Baltar.

Denominación: LMT e CT granxa avícola.

Situación: Baltar.

Características técnicas:

LMT aereosubterránea a 20 kV, de 30 metros en aéreo e 165 metros en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no apoio nº 85 do tramo Xinzo-Baltar 809 Os Blancos-Baltar, 9, LMT ao CT (32CJ15) e remate no CT aéreo proxectado Vilamaior da Boullosa, parcela 276, polígono 503, de 100 kVA, R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 25.309,44 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense